venres, 25 de outubro de 2013

Canapés literarios.

O 22 de outubro iniciamos o club de lectura de primaria. Despois das presentacións, invitamos aos nosos lectores a uns canapés literarios cheos de adiviñas. Que ben o pasamos coas letras larpeiras!
 



mércores, 23 de outubro de 2013

Comezamos!

O pasado luns 14 de outubro tivemos a primeira sesión co alumnado de secundaria. Comezamos cunha pequena historia de humor titulada El tonel de las risas de Geoffrey Chaucer dentro da obra Relatos de humor (Editorial Vicens Vives).


Un ano máis de Club.

O Club de Lectura do CPI Aurelio Marcelino Rey García volve outro ano máis nunha nova dirección; no obstante, se queres acceder as entradas de anos anteriores visita www.blogoteca.com/ascampainhas/.